POLÉMICA

O PSdeG de Piñor critica que non fora invitado a un acto con Rueda

Os socialistas tamén consideran que a actuación subvencionada pola Vicepresidencia da Xunta, que foi obxecto da visita de Rueda, "destaca polo seu nulo respecto polo entorno natural". 

O grupo municipal do PSdeG de Piñor atribúe falta de respecto institucional ó goberno municipal por non informar da visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Ademais, os socialistas tamén consideran que a actuación subvencionada pola Vicepresidencia da Xunta, que foi obxecto da visita de Rueda, "destaca polo seu nulo respecto polo entorno natural". 

O portavoz do grupo, Francisco Fraga, afirma que "foi unha mágoa non poder estar presentes na visita porque aproveitaríamos para informar ó vicepresidente de todas as deficiencias da obra, subvencionada pola súa consellería". O concelleiro asegura que "o asfaltado dunha finca rústica, repleta de carballos que foron cortados, para construír un aparcamento innecesario. A desfeita do entorno natural vai ser o que defina esta actuación da Xunta". 

Te puede interesar