O PSdeG reclama ó Valedor que actúe “coa maior imparcialidade"

O grupo parlamentario socialista lamenta a actuación levada a cabo polo Valedor do Pobo, José Julio Fernández, en relación á queixa formulada contra o alcalde de Piñor e lle insta a exercer o seu labor "coa maior imparcialidade". O PP queixouse ante o Valedor do Pobo do alcalde de Piñor, Francisco Fraga, por violar os seus dereitos.

O grupo socialista presentou por este motivo unha proposición non de lei para o seu debate en comisión na que solicita que o Parlamento manifeste o seu rexeitamento á actuación levada a cabo polo Valedor, ao que tamén remitíronlle unha carta. Os socialistas rexeitan que José Julio Fernández se deixase fotografiar durante o encontro que tivo cos representantes do PP de Piñor.

“Dende o respecto que nos merece a institución do Valedor do Pobo, consideramos que a institución comisionada deste Parlamento, e concretamente o seu máximo representante, se debe a un mandato de imparcialidade que non lle debera permitir amosar en público posición algunha respecto das queixas ou denuncias que reciba”, afirma a deputada María Quintas. A socialista engade que aínda non tivo oportunidade de analizar informes que lle permitan avaliar si a queixa é sustentada en documentos que lle aporten veracidade ou sinxelamente se sustenta nun intento de crítica política.

Te puede interesar