O PSdeG recolle queixas veciñais pola suba de tasas e impostos

Francisco Fumega. (Foto: M.A.)
A agrupación do PSdeG-PSOE está recollendo as queixas dos veciños do Carballiño por causa da última subida de varios impostos e taxas unha vez comezado o período de recadación, segundo indicaron os responsables do grupo municipal socialista. O portavoz, Francisco Fumega, matiza que 'moitos destes veciños eran descoñecedores da decisión adoitada polo grupo de goberno do Partido Popular e agora claman por algo que consideran desproporcionado logo de 10 exercicios fiscais onde non se tocaron os prezos públicos'.
Dende esta agrupación lembran que unha das promesas do actual alcalde era conxelar ou ben baixar os impostos, pero 'como na meirande parte do seu programa electoral ou ben se fixo ó revés, ou ben aínda non se fixo nada', sinala. Nese senso, destacan os socialistas entre todos os impostos a suba do Imposto de Bens Inmobles (IBI) que pasa do 0,44% ó 0,50%, recordando que para o 2013 chegará ó 0,60%. Este é o imposto que maior recadación xenera nas arcas do Concello tendo en conta a caída dos impostos sobre a construcción, apuntan.

Te puede interesar