O PSOE defende a xestión municipal na Festa do Pulpo

O CARBALLIÑO (PARQUE MUNICIPAL). 14/08/2022. OURENSE. LX Festa do pulpo de O Carballiño. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera LX Festa do pulpo de O Carballiño. FOTO: ÓSCAR PINAL

O grupo de goberno do Concello do Carballiño vén de respostar ás críticas verquidas por outra formacións políticas sobre a organización e desenvolvemente da 60ª edición da Festa do Pulpo, que se celebrou o pasado 14 de agosto coa estrea da súa declaración de Interese Turístico Internacional. Unhas críticas que os populares carballiñeses, entre outras cuestións, centran na recuperación da presenza das 40 pulpeiras que antes se instalaban no Parque municipal (houbo 13 este ano) e do número de bares que den comidas,  ademais de rexeitar que, según eles, se pemita o traslado do festexo ao casco urbán, “pola falla de iniciativas no Parque”.

Ademais do PP, nas redes sociais tamén se poideron ver diversas manifestacións por parte de representantes de Espazo Común e do mesmo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nas que se despreciaba o traballo desenvolto polo Concello carballiñés no festexo gastronómico.

Ante estas críticas, o grupo municipal do PSdeG-PSOE amosa a súa “contrariedade, sorpresa e perplexidade”. Os socialistas lamentan que “o PP do Carballiño se amole ante a que foi unha das mellores fins de semana da historia de Carballiño, tanto en canto a afluencia de persoas como a volume de negocio para a hostalería e o comercio”. Neste mesmo sentido, o goberno municipal engade que, “de feito, O Carballiño rexistrou cifras récord toda a semana, como dan fe deles os propios veciños, tanto en número de visitantes como de actividades programadas polo Concello”, e os socialistas amosan a súa sorpresa “porque o PP de Carballiño considere como algo negativo que a Festa do Pulpo recupere o volume previo á pandemia”.

Pinza

O equipo de goberno declárase “perplexo” ante “a pinza entre o PP do Carballiño, Espazo Común  e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, para atacar á Festa do Pulpo e ao Carballiño con exactamente os mesmos argumentos, reflectidos nas redes sociais, algo que non parece nin improvisado nin casual”.

En calquera caso, o goberno local do Carballiño e o PSdeG-PSOE desta vila manifestan a súa intención de seguir “defendendo a Festa do Pulpo e a O Carballiño por riba de calquera interese partidista e oportunista, ademais de traballar para que siga sendo unha referencia gastronómica, xa non só nacional senón mundial”. Ao respecto, aseguran que “nada máis acabar esta edición, xa se empezou a traballar na seguinte, que seguramente será a mellor da historia”

Te puede interesar