O PSOE insta a fomentar a concentración de terras no Irixo

Con estas reunións, os socialistas pretenden que os veciños teñan toda a información para que poidan decidir solicitala ou non, como recentemente xa fixeron na parroquia de San Cosme.

O portavoz do grupo municipal socialista do Irixo, Iago Fariñas Valiña, pesentou unha moción para solicitar ao pleno a organización de reunións informativas nas parroquias para abordar os beneficios e perxuizos da concentración parcelaria neste concello. Con estas reunións, os socialistas pretenden que os veciños teñan toda a información para que poidan decidir solicitala ou non, como recentemente xa fixeron na parroquia de San Cosme.

Con ese fin, instan ao goberno municipal a que se dirixa á Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para solicitar técnicos e responsables que asistan ás reunións informativas sobre os procesos de concentración parcelaria en cada parroquia.Tamén insisten os socialistas en que a ditas reunións se invite a algún técnico independente que fale non só dos beneficios senón tamén dos inconvintes.

Te puede interesar