O Carballiño

O PSOE pide a devolución dunha taxa aos veciños de Punxín

O Carballiño

Política local

O PSOE pide a devolución dunha taxa aos veciños de Punxín

O PSdeG-PSOE de Punxín afirma que o Concello cobra taxas por servizos que a día de hoxe non presta, provocando un desfase entre os cobros pola taxa do sumidoiro e o gasto deste mesmo servizo de máis de 20.000 euros no ano 2019. Ante esta situación, as concelleiras socialistas traballan na redacción dunha moción para solicitarlle ao Consistorio que devolva á veciñanza os importes cobrados por un servizo que afirman "non se prestou".

Desde o grupo municipal socialista indican que solicitaron un informe de legalidade relativo a este feito e que o grupo de goberno lle vén de denegar, polo que levarán este asunto ó próximo pleno, xa que segundo indica a portavoz socialista, Lorena Peleteiro, "nunha situación como a que nos atopamos, non podemos seguir afogando ós veciños con taxas, e máis aínda por servizos que o Concello non presta".

Para Peleteiro, esta "é unha nova mostra da pésima xestión do Goberno bipartito de Punxín, formado polo Partido Popular e Ciudadanos", e engade que esta circunstancia "non só atenta contra o dereito á información da oposición, senón que o fan contra os petos dos veciños do municipio, que están pagando taxas por un servizo que non reciben". Os socialistas califican a situación de "anormal" e indican que "debe pórselle solución na maior brevidade posible".

Más en O Carballiño