O PSOE pide unha solución á falta de médico en Punxín

O PSdeG-PSOE de Punxín reclama unha solución “urxente” ante a falta de facultativas no centro de saúde do municipio que se está a producir nos últimos meses, segundo sinala. Acusan ao goberno municipal de optar pola “desidia” e de amosar “total desinterese” ante unha situación que cualifican de “moi grave, xa que esta causando perxuízos á veciñanza”. 

Dende este grupo subliñan que a situación que se está vivindo “é unha auténtica tomadura de pelo”, xa que, tal e como apunta, “aínda que os veciños acudan con cita previa, non saben si serán atendidos, xa que en ocasións non hai persoal para poder dar cobertura sanitaria”, e lembra que o goberno local votou en contra de pedir que se cubra a praza vacante.

O alcalde, Manuel Vázquez, contactou cos responsables de Sanidade e sinala que espera que hoxe se incorpore de novo a médica, que se ausentou tres días por razóns persoais.

Te puede interesar