O PSOE pide usar o superávit para a axuda no fogar en Punxín

O pleno aprobou unha moción de CxG para solicitar un novo acceso centro na Nacional 541,

O grupo municipal socialista de Punxín afirma que existe un superávit de 96.000 euros no exercicio de 2020 e critica que a pesar deste remanente "a veciñanza está en lista de espera para recibir a asistencia do servizo de axuda no fogar". Ademais, reclama ao goberno local unha solución ante a existencia de recibos pendentes de cobro por importe de 430.000 euros correspondentes ao orzamento dun ano e lembran que o Concello "paga polo servizo de recadación".

O pleno aprobou unha moción de CxG para solicitar un novo acceso centro na Nacional 541, aínda que foron rexeitadas outras dúas para a creación dunha comisión intermunicipal para resolver problemas comúns de Amoeiro, Maside, Cenlle e San Amaro, e que Punxín fose a sede dunha reunión para relanzar a economía de Carballiño-Ribeiro.

Te puede interesar