política

O PSOE de Punxín asegura ter trabas na tarefa de oposición

punxin
photo_camera Pleno de constitución de la Corporación de Punxín.
O grupo socialista critica os impedimentos que o grupo de goberno conformado por PP e Ciudadanos poñen para poder exercer a oposición

O grupo municipal do PSOE de Punxín vén de denunciar que o equipo de goberno do Concello, integrado por Partido Popular e Ciudadanos, está a poñerlles trabas para exercer o seu traballo de oposición. A voceira socialista, Lorena Peleteiro, sinala, ó respecto, que "non só non convocaron o pleno ordinario según o acordado, senón que levamos dous meses esperando contestación a varios escritos, así como que se nos facilite documentación solicitada, sen obter a día de hoxe ningún tipo de resposta”.

Para a concelleira do PSOE, "ésta é unha mostra máis da forma de facer política do noso alcalde e do grupo de goberno, do que é cómplice Ciudadanos, e por iso nos preguntamos se o tenente de alcalde, Eulogio González (o edil de C's), que aseguraba viña a rexenerar a política e a cambiar  o xeito de facer as cousas, só veu para facelas pior". Lorena Peleteiro engade que "entendemos que poida haber retrasos nos prazos, pero pensamos que xa estamos a ser bastante xenerosas e dous meses parécenos prazo máis que suficiente para que se nos contestara, canto menos, a algún dos escritos presentados".

As dúas concelleiras socialistas recórdanlle ó goberno municipal que "o Concello non é a súa casa, é de tódolos veciños de Punxín, e debido a elo teñen a obriga de dar as explicacións que se lle soliciten por parte da oposición". A Corporación de Punxín está integrada por tres concelleiros do PP e un de Ciudadanos (que forman o goberno municipal), dúas ediles socialistas e outro concelleiro do grupo Compromiso por Galicia.

Te puede interesar