politica

O PSOE de Punxín solicita os plenos fóra do horario laboral

A petición pide que os plenos "se celebren os sábados pola mañá ou ben en días laborais en horario de tarde, para facilitar a asistencia dos veciños e veciñas"

O grupo municipal do PSOE de Punxín vén de presentar un escrito dirixido á alcaldía para que o Concello facilite a participación veciñal ó traverso da convocatoria das sesións plenarias fóra do horario laboral. Neste sentido, a voceira socialista, Lorena Peleteiro, solicita que os plenos da Corporación municipal "se celebren os sábados pola mañá ou ben en días laborais en horario de tarde, para facilitar a asistencia dos veciños e veciñas". A edil do PSOE considera que, deste xeito, o Concello pode fomentar a participación veciñal e a transparencia nos temas referentes á xestión política municipal.

O grupo socialista, integrado por dúas concelleiras, considera que esta solicitude pode ser valorada con tempo polo equipo de goberno, tendo en conta que aínda non foi convocada a sesión plenaria pertinente na que se debatirá o programa de organización do Concello, no que se fixan os horarios e periodicidade dos plenos da Corporación. "Confiamos en que teñan a ben atender a nosa petición coma un primeiro paso cara achegar o Concello á veciñanza de Punxín", comenta Lorena Peleteiro.


Conciliación


asimesmo, as ediles socialistas indican que "nós non nos adicamos en exclusiva á política, senón que temos os nosos propios traballos, polo que a nosa proposta sería unha boa maneira de permitir que poidamos conciliar a nosa adicación ó Concello de Punxín cos nosos postos de traballo e a nosa convivencia familiar".

Te puede interesar