O Carballiño

O PSOE reclama a execución dos acordos do pleno en Punxín

O Carballiño

Política

O PSOE reclama a execución dos acordos do pleno en Punxín

Os socialistas califican de "ano perdido" o primeiro do actual goberno

O grupo municipal socialista de Punxín considera un "ano perdido" o primeiro do actual goberno bipartito neste municipio, integrado polo PP e Ciudadanos. A portavoz, Lorena Peleteiro, fai un balance moi negativo e sinala que "este ano foi outra oportunidade perdida para que Punxín avanzase, con un goberno sen proxecto, incapaz de traballar por un Punxín de futuro".

Peleteiro destaca que os socialistas levan un ano traballando, presentando máis de 50 iniciativas, e que "algunhas apróbanse pero logo non se executan".

Para este grupo da oposición o goberno municipal "comezou mentindo á veciñanza", e refírese a que "o 26 de maio apostara por un cambio que nunca chegou, un goberno que continúa anclado no escurantismo e na falta de transparencia e un goberno incapaz de traballar para que Punxín avance".

Más en O Carballiño