Unha publicación lembra as antigas fábricas de papel do Carballiño

As instalacións da antiga fábrica de papel ubicada na localidade de Lousado, no municipio de Piñor, acolleu onte a presentación dunha publicación encol desta actividade industrial na comarca carballiñesa. Os historiadores Francisco Xosé Fumega Piñeiro e Xosé Luis Sobrado Pérez son os autores do libro 'As fábricas de papel na comarca do Carballiño', cunha tirada de 800 exemplares, que foron editados polo Centro de Estudios Chamoso Lamas, do cal son membros fundadores.
Según explicou Xosé Luis Sobrado, 'na nosa tarefa como investigadores recollemos a traxectoria das catro factorías existentes na comarca, que eran á de A Lavandeira e Bouteiro, no Carballiño; á de Fondo de Vila, na parroquia de Astureses, en Boborás, e esta de Lousado, en Piñor'. O obxcectivo é botar unha ollada ós promotores empresariais que fixeron posible a creación destas fábricas, a súa estructura técnica, funcionamento e número de traballadores, engade Sobrado. Este investigador sinala que 'a fábrica de Lousado tivo actividade ata o ano 1950, pero as outras pecharon'.


MUSEO

No caso da carballiñesa, que na finca da Lavandeira recollía auga do río Arenteiro para o lavado das telas que tra-lo seu machacado e secado se convertían en pasta de papel, foi transformada logo en central hidroeléctrica. Na actualidade, o vello edificio está sendo sometido a unha restauración, según o proxecto do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, para convertila nun 'museo do papel' e recuperar para os visitantes a súa antiga actividade.

Te puede interesar