O Carballiño

O Concello de Punxín celebra a primeira Festa do Xabarín

O Carballiño

EVENTO

O Concello de Punxín celebra a primeira Festa do Xabarín

Presentación de la fiesta del jabalí y la caza.
photo_cameraPresentación de la fiesta del jabalí y la caza.
Será os días 7 e 8 de marzo e ten como obxectivo principal dinamizar a zona e dar a coñecer o potencial do sector da caza

O Concello de Punxín celebra a 1ª Festa do Xabarín e da Caza cun completo programa de actividades que inclúe charlas, concursos, música, así como stands dedicados a este sector e a diferentes produtos da zona. A presentación deste evento tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde e o tenente de alcalde de Punxín, Manuel Vázquez e Eulogio González, respectivamente; os organizadores da empresa Mas Music, Carlos González e María Dolores Da Silva; e o presidente da asociación mesa galega pola caza, Manuel Martínez.

Será os días 7 e 8 de marzo e ten como obxectivo principal dinamizar a zona e dar a coñecer o potencial do sector da caza, ademais dos produtos locais e a súa contorna, Na primeira xornada do sábado haberá charlas sobre a caza e o xabarín, postos de artesanía e caza, tiro con arco, entrega de premios do concurso de carteis, actuacións do grupo de música e baile tradicional Rebulir e da charanga Os Támega. 

Ao día seguinte haberá unha exhibición de cans de caza, mercadillo, tiro con arco, animación, música, xogos para os máis pequenos, entrega de premios de cans de caza, entre outras actividades. 

En ambas xornadas, os asistentes poderán degustar a carne de xabarín, segundo apuntaron no acto de presentación.