A quinta edición de “Orcellón fala e canta' amplía os actos a xuño

O festival 'Orcellón fala e canta' chegará á vila do Arenteiro o vindeiro mes de maio da man da Agrupación Cultural Avantar, cun extenso programa de actividades na promoción da cultura galega, no que se implicarán diferentes establecementos de hostelería do Carballiño.
A quinta edición desta iniciativa abrirase o 7 de maio co espectáculo 'Teatro de tasca', a cargo do grupo Tiruleque, e a actuación dun cuarteto de gaiteiros.

Tódolos venres e sábados haberá conferencias, proxeccións de curtametraxes e documentais, e concertos musicais, ademais das tradicionais veladas abertas á participación activa de voluntarios para contar contos, cantar ou tocar calquera instrumento. A programación pecharase o 5 de xuño, cunha 'perfomance' para conmemorar o Día do Medio Ambiente.

Te puede interesar