reformas

Remata a rehabilitación da Fonte do Volante, na Uceira

uploaded_fontes_result
photo_camera A Fonte do Volante rehabilitada polo Concello do Carballiño.

A Concellería de Medio Rural rematou a limpeza e rehabilitación da Fonte do Volante, situada no barrio da Uceira.

A Concellería de Medio Rural rematou a limpeza e rehabilitación da Fonte do Volante, situada no barrio da Uceira. Tras a realización da análise correspondente da súa auga, os resultados mostran a súa potabilidade, polo que os veciños que acuden con moita frecuencia a coller auga para uso doméstico poden facelo sen perigo de contaminación. Neste mesmo barrio, procederase de seguido á limpeza doutra fonte que se atopa na área dos xogos infantís. 

Estes traballos forman parte da campaña de limpeza e arranxo de fontes, lavadoiros e tanques, así como doutros elementos do patrimonio etnográfico, das parroquias do municipio do Carballiño, segundo sinalou a concelleira de Medio Rural, Charo González. 

Desde que comezou esta campaña, a comezos do mes de maio, xa se realizaron un gran número de traballos, e espérase concluir antes de que remate o plan de emprego mediante un programa de colaboración social co INEM, que permitiu dispor de catro persoas, tres albaneis e un peón forestal, por un periodo de tres meses. 

Te puede interesar