O CARBALLIÑO

Renovado con tarima flotante o pavimento do anexo do pavillón

20171219192541416_result
photo_camera O estado actual do pavimento é deficiente e dificulta a actividade deportiva.

Algunhas actividades deportivas, como o patinaxe artístico ou o baloncesto, deixaron de realizarse, xa que as condicións non eran favorables para o seu desenvolvemento.

O concello de O Carballiño acaba de dar comezo ás obras de renovación do pavimento da pista anexa do pavillón municipal de deportes Paco Chao, na que se instalará unha tarima flotante. Actualmente, o pavimento atopábase nunhas condicións que supoñía un risco para os centos de rapaces que pasan diariamente por estas instalacións. A humidade causou este mal estado, xunto con algunhas deficiencias derivadas da súa instalación inicial e unido ó incesante uso que se lle da ó pavillón. 

Algunhas actividades deportivas, como o patinaxe artístico ou o baloncesto, deixaron de realizarse, xa que as condicións non eran favorables para o seu desenvolvemento. Esta mellora era necesaria para seguir cumplindo ca normativa para levar a cabo competicións oficiais e para deselvolver as prácticas deportivas nas mellores condicións posibles. 

O proxecto pode levarse a cabo grazas a un convenio asinado entre o concello e a Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, supoñendo un investimento de máis de 60.000 euros. As instalacións reciben un uso intesivo durante toda a semana. Todos os equipos de fútbol sala do Carballiño entrenan e xogan aquí, así como os de baloncesto, balonmán e tamén os centros educativos da vila. Por falta de horario, a Escola Municipal de Ximnasia non pode acceder a ela.n 

Te puede interesar