SUCESO | O CARBALLIÑO

Rescatan a unha persoa do interior dun vehículo despois de envorcar en Boborás

WhatsApp Image 2019-07-03 at 10.55.25
photo_camera O vehículo envorcado sobre a estrada da Cameixa.

O accidente foi sobre as 8,15 horas deste mércores tralo aviso dunha persona particular que chamou para pedir axuda

Os Bombeiros do Carballiño rescataron na mañá deste mércores a unha persona atrapada no interior dun vehículo despois de envorcar cando circulaba pola estrada de Cameixa, á altura da Granxa, no concello ourensán de Boborás.

Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, tivo constancia do accidente sobre as 8,15 horas deste mércores polo aviso dunha persona particular que chamou para pedir axuda.

Após advertir o alertante da posibilidade de persoas atrapadas no interior do turismo, os xestores do 112 puxeron en alerta, ademais da os servizos sanitarios, aos Bombeiros do Carballiño e aos membros do GES de Avión. De igual maneira, informaron da situación á Guardia Civil de Tráfico.

Unha vez no punto, persoal do 061 comunicou ao 112 Galicia a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense que, após tomar terra no lugar dos feitos, trasladou ao ferido até un centro hospitalario.

Te puede interesar