instalaciones

A residencia do Cornuval non aumentará prazas

<p></p>
photo_camera Residencia de Mayores do Cornuval, en Carballiño.

O PP rexeitou unha proposta que o PSOE levou ao Parlamento galego para incrementalas

A portavoz de Política Social do grupo parlamentario socialista, Noela Blanco, acusa ao PP de “rachar co consenso da agrupación municipal de Carballiño” para aumentar as prazas da residencia de maiores do Cornuval e garantir a súa xestión pública. Así o dixo logo de presentar unha proposición non de Lei, que foi rexeitada cos votos en contra do PP.

A responsable socialista considera unha “eiva histórica” para unha comarca que supera o 30% da poboación maior de 64 anos e cun centro que ten unha lista de espera de máis de 80 persoas, "que se ven obrigadas a ir a outras comarcas de Ourense e mesmo a outras provincias”. Lembra que a residencia, logo de ser construída con 7 millóns de euros, permaneceu abandonada durante cinco anos e cando se abriu púxose a súa xestión en mans dunha empresa privada, reducindo as prazas das 84 proxectadas orixinalmente a tan só 20, que recentemente foron ampliadas ata 25.

A portavoz de Asuntos Sociais do grupo popular, Marta Rodríguez Arias, fixo fincapé no incremento do 36% das prazas públicas en residencias para maiores rexistrado en Ourense entre 2009 e 2016. “Unha destas residencias é a de Cornuval, cen por cento pública, de titularidade da Xunta e financiada pola administración pública", sinalou.

Te puede interesar