Os residentes na rúa Ourense de Carballiño piden a súa reforma integral

Estado das beirarrúas na rúa Ourense.
photo_camera Estado das beirarrúas na rúa Ourense.
Os veciños critican que hai máis de 40 anos que non realizan actuacións de mellora nesa rúa

Os veciños da rúa Ourense instan ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, a executar o proxecto de reforma integral deste vial co fin de que esté acondicionado no 2022. Os residentes nesta zona agradecen ao rexedor o seu compromiso firme para a recuperación, humanización e mellora da rúa Ourense, "xa que van máis de 40 anos sen que nesa rúa se leven realizado actuacións por parte das autoridades municipais", aínda que segundo lembran, "trátase dunhas das entradas principais, ademais de ser unha das zonas cara onde O Carballiño pode medrar de maneira natural nun futuro inmediato".

Os residentes tamén lembran que xa houbo varias reunións co alcalde e co equipo redactor do proxecto, no que se contempla un saneamento novo para evitar que vaian os residuos ao río Carrás, a remodelación e ampliación das beirrrúas, modernización do alumeado, pavimento novo, mediana na estrada coa plantación de especies vexetais para a humanización da rúa e evitar que os vehículos circulen a gran velocidade, debido a gran preocupación que existe entre o vecindario pola seguridade vial, polo que tamén se prevén badenes e pasos de peóns.

Os afectados sinalan que a rúa vai dende a entrada no Carballiño ata a rotonda situada no comezo da rúa Ben Cho Sei. 

"Trátase dun proxecto ambicioso, realista e necesario comprometido polo alcalde do Carballiño cos veciños e que esperamos que no ano 2022 vexamos a execución do proxecto", sinalan.

Te puede interesar