Ricovanca recupera o seu rico patrimonio etnográfico

A Xunta de Galicia estudará posibles vías de colaboración co Concello de Beariz co obxectivo de poñer en valor a contorna da localidade de Ricovanca, que está incluída na Rede Natura 2000, destacando polo conxunto arquitectónico e etnográfico de notable valor.

O Concello xa realizó importantes inversións, recuperando un antiguo muíño e a ponte centenaria sobre o río Verdugo, e o que proxectan agora os responables municipais é acometer a restauración do lavadoiro público, que tamén forma parte do patrimonio etnográfico, que complementa o interés desta zona coa paisaxe e riqueza natural.

O alcalde de Beariz, Manuel Prado, trasladoulle a solicitude para executar esta obra en Ricovanca, entre outros asuntos como o acondicionamento e humanización das rúas, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Te puede interesar