La Región

Roberto Pascual, Manuel Blanco e Damián Yáñez, premios Arenteira

Os galardonados foron dados a conocer onte por Uriel Bernárdez e Xosé Luis Sobrado, membros do xurado.

Uriel Suárez e Xosé Luis Sobrado dan a coñecer os premiados.
Uriel Suárez e Xosé Luis Sobrado dan a coñecer os premiados.
Roberto Pascual, Manuel Blanco e Damián Yáñez, premios Arenteira

O profesor de artes escénicas Roberto Pascual, o promotor de entidades e eventos deportivos Manuel Blanco, e a título póstumo, a quen foi bibliotecario do mosteiro de Oseira, Fray Damián Yáñez, serán os destinatarios dos Premios Arenteira deste ano. Os galardonados foron dados a conocer onte por Uriel Bernárdez e Xosé Luis Sobrado, membros do xurado.

Os premios serán entregados nun acto que se desenvolverá no sAparthotel Arenteiro, que é quen promove este galardón para destacar o labor de persoas, entidades e institucións nos ámbitos cultural e deportivo nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

Uriel Bernardez destacou o gran número de propostas recibidas e a elevada participación de asociacións, entidades e institucións nesta edición dos premios, premios, acadándose máis de trinta votos. Dixo, así mesmo, que o galardón estaba xa consolidado como unha referencia en ambas comarcas.

Xosé Luis Sobrado referiuse á unanimidade dos votos nas valoracións dos candidatos, facilitando o labor do xurado. Así, destacou os apoios recibidostanto por Roberto Pascual como por Manuel Blanco. E xustificou o premio póstumo a Fray Damián Yáñez polo traballo que realizou durante máis de 50 anos na restauración do mosteiro de Oseira, e sobre todo na posta en marcha da biblioteca, que pasou de ter menos de cen exemplares a máis de 30.000 volumes catalogados cando morreu, hai case dous anos. Tamén destacou a súa faceta de investigador e promotor dos congresos do Císter.