Roteiros etnográficos e un xantar promoven o pan de Cea entre as amas de casa galegas

Os panadeiros de San Cristovo de Cea organizan hoxe unha xornada orientada á promoción do consumo do seu producto entre as amas de casa e representantes das denominacións de orixe e indicacións de calidade de toda Galicia. A iniciativa parte do Consello Regulador do Pan de Cea e ten coma obxectivo ‘a apertura do noso pan a outros mercados ó traverso do contacto directo cos consumidores’, sinala Carlos Manuel Rodríguez, presidente da entidade.
Deste xeito, invitaron ás mulleres integradas na asociación ‘Unión de Consumidores Europeos de Galicia’ e ós responsables dos consellos reguladores das 16 denominacións de orixe e indicacións alimentarias protexidas existentes nas catro provincias galegas. A xornada comezará ás 11.00 horas cunha recepción oficial ós invitados na Praza Maior de Cea, para logo desplazarse nunha visita guiada ó Mosteiro de Oseira e, á volta, asistir no Centro Multiusos da localidade a unha charla encol da historia da elaboración artesanal do pan. A continuación, celebrarase un xantar de confraternidade no campo da festa de A Saleta, ás 14.30 horas, e no que está prevista a asistencia dunhas 200 persoas.

Visita ós fornos O menú será a base de empanada de carne, lacón con fabas, ensalada ecolóxica e sidra ecolóxicas, tenreira cocida con cachelos, queixo con mel e biscoitos; e viños, augardentes e licores amparados nas denominacións de orixe, co acompañamento de pezas de pan de Cea. Unha vez rematado o xantar, os participantes farán un percorrido polos vellos fornos artesanais que estiveron en fase de restauración nos últimos anos.

Te puede interesar