URBANISMO

A rúa Calviño disporá de nova traída de auga e pavimentado

obras_rua_calvino_result
photo_camera Estado das obras de mellora na rúa Calviño, nas inmediacións do colexio público.

A Deputación financia estas obras e o asfaltado do acceso a Barreira cun total de 83.000 euros

O medio cento de veciños da rúa Calviño están a comprobar como o Concello do Carballiño tivo a ben asumir as súas reclamacións de mellora de esta vía do casco urbán tras máis de dúas décadas de esquecemento. Concretamente, na pasada semana iniciáronse os traballos de acondicionamento desta rúa, que parte do colexio público Calvo Sotelo por detrás da Casa da Cultura ata o seu entronque coa rúa Principado de Asturias, preto do límite da vila do Arenteiro coa parroquia de Mesego.


O proxecto contempla a instalación de novoas canalizacións da rede de abastecemento nos laterais, xa que na actualidade estaban ubicadas na parte central, así como o asfaltado en quente do vello pavimento. Ademáis, tamén se inclúe a colocación de nove puntos de alumeado, dotado co sistema Led de aforro enerxético e a construcción dunha pequena praza no punto de intersección coa rúa Principado de Asturias.


As obras estarán rematadas no prazo máximo de tres meses e o seu custe está financiado íntegramente pola Deputación de Ourense, dentro do Plan provincial correspondente ó presente ano, e de xeito conxunto coa reforma do acceso á Barreira, cun total de 83.000 euros. Nesta localidade da parroquia carballiñesa de Mudelos reanudarase hoxe a execución do arranxo da estrada, dun quilómetro de lonxitude, e que comunica a OU-901 (Carballiño-Lalín), na Costiña de Veiga,  coa Barreira.  O proxecto consiste no asfaltado en quente do vial, así como o acondicionamento das cunetas e a colocación das tapas da rede de saneamento.


Según apuntan dende a Concellería de Obras, nestes intres estánse a levar a cabo outros proxectos de urbanización, coma é o caso da rúa Ben-Cho-Shey, que financia o propio Concello con 162.000 euros, ou a construcción dun mirador xunto ó Gran Balneario, por un  importe de 16.000 euros, tamén con cargo ás arcas municipais. Neste caso, esta construccción serve para comunicar a rúa Río Avia co sendeiro da beira esquerda do río Arenteiro. 

Te puede interesar