CITA GASTRONÓMICA

A Ruta das Tapas de mañá estará dedicada ás brochetas

<p></p>
photo_camera Presentación da Ruta das Tapas.

Participan 21 locais de hostalería e os clientes entrarán nun concurso de 2.000 euros en vales de compras

Os vinteún locais hostaleiros integrados na Ruta das Tapas ofrecerán mañá unha ampla gama de brochetas na penúltima xornada desta iniciativa gastronómica. O evento foi presentado no restaurante Don Paco e contou coa presencia dos concelleiros de Turismo e Cultura, José Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente; da xerente do Centro Comercial Aberto (CCA), Noelia Mares; da responsable de comunicación da bodega Pazo Tizón, Cristina Mouriño, e dunha representación dos hostaleiros que forman parte da Ruta das Tapas.

Brocheta de pulpo con puré de garbanzos e cenoria; brocheta de lomo de porco adobado, piña, mazá e salsa; brocheta de langostinos con piña e ensalada, entre outras modalidades.

O concelleiro de Turismo, así como a xerente do CCA, fixeron fincapé na extraordinaria oferta gastronómica e animaron a participar no concurso, no que se repartirán vales por un valor de 2.000 euros para gastar no comercio local. Cristina Mouriño invitou a degustar as tapas con Pazo Tizón, que foi gañador da cata en Vinis Terrae.

Te puede interesar