A Ruta das Tapas ofrece en O Carballiño un venres de música e túnel do terror

photo_camera Calabazas de Samaín. (Pixabay)

O Samaín e a Festa do Magosto protagonizarán as dúas primeiras entregas da Ruta das Tapas do Carballiño nesta nova tempada. Ademais, e por primeira vez, celebrarase un Venres de Terror, no que se poderán degustar tapas e haberá tamen un túnel do terror que se instalará na Praza do Emigrante.

O Concello do Carballiño e os hostaleiros organizan a Ruta das Tapas, unha iniciativa que sirve para maridar a gastronomía cos produtos de tempada e as festas tradicionais. Unha actividade que se celebra entre o outono e a primavera  e que propón citas os dous primeiros venres de mes. 

Así, as dúas primeiras serán os días 4 e 11 de novembro e estarán dedicadas as tradicións galegas do Samaín e Magosto. No primeiro dos casos a xornada chegará ademais con moitas actividades, entre as que destaca a pasaxe do terror, que será de balde e haberá sesións para o público infantil e adulto, ao mesmo tempo que se contará coa animación da charanga CLK. 

Os 15 locais de hostalería que participan na ruta ofrecerán tapas inspiradas en películas de terror e referencias tradicionais como a Santa Compaña. No túnel haberá sesións para nenos de 6 a 11 anos, entre as 17,00 e as 19,00 horas; e para maiores de 12 anos, desde as 19,30 ás 23,00 horas. As entradas deberán reservarse na plataforma www.woutick.es.

Te puede interesar