Os veciños de Lás, Salamonde e Anllo non dispoñen de cobertura para os seus teléfonos

San Amaro busca fórmulas para a telefonía móbil

San Trocado, onde estaba prevista a instalación dunha antena. (Foto: Miguel Angel)
A desaparición da empresa que tiña prevista a instalación dunha antena en San Amaro para proporcionar cobertura suficiente para a telefonía móbil estragou as expectativas postas polo Concello de solucionar o problema. Así, os veciños das parroquias de San Cibrán de Lás, Salamonde e Anllo aínda non reciben sinal algunha nos seus aparatos celulares, e tampouco dispoñen de 'banda ancha 'para a utilización axeitada de equipos informáticos.
O alcalde do municipio, Ernesto Pérez González, sinala que 'o ano pasado, a Corporación municipal acordara en pleno instar ó Goberno do Estado e a Xunta á tomar medidas para poder dispor de cobertura, e a empresa de telefonía xa tiña apalabrado un contrato cos comuneiros da localidade de Andrade, en Lás, para colocar un poste repetidor'.


Todo elo, tras unha modificación da ordenanza municipal que prohibía este tipo de instalacións a menos de 600 metros de vivendas habitadas, pola que o Concello asumía unha sentencia xudicial firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así, a antena prevista tería tódolos permisos, incluso ós de Patrimonio ó alonxarse do perímetro de protección do Castro de San Cibrán.


Co obxectivo de facilitar o acceso á cobertura de móbiles e a internet, o Concello encargou un informe á Deputación provincial para avaliar a posibilidade de instalar un sistema 'wimax' en San Amaro, similar ó que xa está a funcionar dende hai dous anos no municipio de Boborás.


A institución provincial adxudicou o correspondente proxecto á empresa Iberbanda, co fin de establecer o deseño dunha rede de telecomunicacións 'sen fíos', que permite o acceso rápido a internet e a cobertura telefónica.

Te puede interesar