MEJORAS

Servizo gratuíto para reparar as deficiencias no sinal de TDT

En caso necesario, acudirá un técnico ao domicilio do usuario que teña deficiencias na recepción do sinal, para proceder á reparación,  sen ningún custo

O Concello do Carballiño advirte que a tecnoloxía 4G está creando problemas no sinal da TDT nalgunhas rúas da vila. Segundo indican as autoridades, os afectados poden solucionar o problema contactando cun servizo gratuíto, chamando ao teléfono 900 833 999.

Os servizos móbiles de nova xeración LTE sobre a banda de frecuencias de 800 MHz dos principais operadores, comercialmente denominados como 4G, están dispoñibles no Carballiño desde finais do mes de xaneiro. A tecnoloxía 4G, prestada sobre a banda de frecuencias dos 800 MHz, anteriormente utilizada pola Televisión Dixital Terrestre (TDT), permite ofrecer as mellores prestacións, incrementando significativamente a velocidade de internet, sen embargo, pode conlevar a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal de TDT, segundo sinalan fontes do concello.

De feito, engaden que nestes días estanse producindo numerosas queixas nalgunhas zonas do Carballiño pola perda de calidade na recepción do sinal de TDT. Por ese motivo, os responsables municipales informan á poboación que nestes casos de perda de calidade do sinal de televisión, a empresa “llega800” ocúpase de solventar o problema a calquera usuario.

Para isto, ofrécese un teléfono gratuíto (900 833 999) e a páxina web: www.llega800.es. Tamén, engaden desde o concello que en caso necesario, acudirá un técnico ao domicilio do usuario que teña deficiencias na recepción do sinal, para proceder á reparación,  sen ningún custo.

Te puede interesar