CONCELLO

Un sistema automático pondrá a funcionar o reloxo municipal do Carballiño

O reloxo municipal de O Carballiño non funciona dende hai seis meses.
photo_camera O reloxo municipal de O Carballiño non funciona dende hai seis meses.
O medidor de tempo, con 155 anos de historia, está parado dende a xubilación dun traballador

O equipo municipal de goberno do Carballiño encargará a implantación dun sistema automático para rexer o funcionamento do reloxo da torre da Casa do Concello, que permanece parado dende hai uns seis meses, unha situación que é motivo de críticas por parte de veciños e visitantes. A detención do mecanismo deste medidor do tempo, que ten unha antigüidade de 155 anos, coincidiu coa xubilación dun traballador da brigada municipal que se encargaba de darlle corda tódolos días a media tarde. "Este método de ter unha persoa destinada á actualizar a posta en marcha  do reloxo diariamente resulta pouco práctica e eficaz", suliña o alcalde, Francisco Fumega.

Por iste motivo, o goberno municipal barallou varias alternativas, "pero penso que a mellor é a instalación dun dispositivo eléctrico que manteña o reloxo en funcionamento e que tamén controle a periodicidade das badaladas", engade o rexedor carballiñés, lembrando que un sistema semellante foi o que incorporou a parroquia de San Cibrao no reloxo do templo da Veracruz. Deste xeito, o Concello deberá convocar un concurso para adxudicar a contratación e mantemento do dispositivo, que funcionará con suministro eléctrico. 

O reloxo do Consistorio fora deseñado na cidade da Coruña polo técnico Antonio Iglesias Abilleira e colocado na torre no ano 1864, e cun custe de 134.000 reais (33.500 pesetas da época ou 201 euros actuais) para as arcas municipais. A construcción da torre foi dous anos posterior ó remate da estructura básica da Casa do Concello, que tivo ó arquitecto madrileño Cirilo Ulibarri como autor dos planos do proxecto aprobado pola Corporación en 1854.

Xa no século XX, no ano 1995, deron comezo as obras para darlle unha planta máis ó edificio municipal, sen afectar á torre do reloxo, mantendo a configuración actual e a mesma estrutura externa cá única planta existente ata aquel momento, según o proxecto redactado polo arquitecto municipal Sergio Mascareñas.

Te puede interesar