Os socialistas afirman que as festas patronais 'foron cativeiras'

O grupo municipal socialista considera que as festas patronais do Carballiño foron 'cativeiras, vidas cada vez a menos, cunha orquesta por día nunha vila con gran tradición e referente na provincia, non se pode permitir dar esta imaxe que se ve superada amplamente por outros lugares máis pequenos'.
Manifestan o agradecemento ós hosteleiros que se encargaron da organización pero que, según a oposición, non contaron coa representación necesaria do Concello. Entre outras cousas, afirman que os veciños botaron en falta as bandas de música, a animación nas rúas e actividades culturais, deportivas e infantís.

Te puede interesar