politica

Os socialistas de Boborás critican os soldos para o grupo de goberno

A corporación socialista considera "inxustificable" o salario da alcaldesa Patricia Torres, de 37.100 euros brutos anuais

O Concello de Boborás disporá dun equipo de goberno cun total de cinco adicacións, unha exclusiva e catro parciais, según o organigrama aprobado pola Corporación municipal cos oito votos dos seis concelleiros do Partido Popular e en contra dos tres ediles do PSOE. Esta aprobación plenaria no foi do agrado do grupo socialista, ó considerar totalmente "inxustificable" o salario de 37.100 euros brutos anuais que percibirá a alcaldesa, a popular Patricia Torres, "tendo en conta a xestión que implica un Concello coma o noso, rural e de poboación envellecida, infraestructuras deficitarias e sen tecido industrial", suliña a voceira do PSOE, Eva Pardo.

Unha asignación económica que, según os socialistas, resulta contradictoria "se lle sumamos as catro adicacións parciais doutros tantos concelleiros do PP por 90 horas semanais de traballo e que suman un total de 27.516 euros máis ó ano". O grupo socialista, engade, ó respecto, que "agora temos concelleiros de cousas tan curiosas como benestar animal, cando as competencias do servizo de recollida de animais abandoados está delegado na Deputación provincial". Asemade, tamén citan a concellería de "limpeza e mantemento do interior dos núcleos" e á de "xestión de velatorios", cando, neste caso, o Concello non posúe ningunha instalación funeraria deste tipo no municipio. 

Te puede interesar