Os socialistas de Piñor reclaman un rexistro electrónico

O PSdeG de Piñor afirma que o alcalde do PP pretende bloquear o traballo da oposición "ó reclamar a presentación de documentos mediante unha sede electrónica pantasma que non existe e que xa debería ter posto en marcha hai tempo, durante estes dous anos de desgoberno", matiza este grupo da oposición. 

Engaden os socialistas que nunha resposta a unha solicitude presentada por este grupo municipal, na que se reclaman as alegacións, propostas e informes remitidos á Xunta no marco do período de exposición pública do Plan de Transporte Público de Galicia, "o rexedor inventa unha sede electrónica inexistente", sinalan. Así, aseguran que "na páxina web de Piñor non hai nin rastro deste servizo de rexistro electrónico e, ademais, nin o grupo municipal da oposición nin a cidadanía foron informados da súa existencia". 

Te puede interesar