O Carballiño

Os socialistas vixían as obras de mellora na estrada de Brués

O Carballiño

BOBORÁS

Os socialistas vixían as obras de mellora na estrada de Brués

O seguimento que se está a facer ten que ver coa necesidade de que se trate dun arranxo definitivo, dadas as penosas condicións de seguridade da estrada

O representante do PSOE pola comarca do Carballiño na Deputación, Francisco José Fraga, acompañou, na tarde do pasado sábado, aos seus compañeiros e compañeiras da Agrupación Socialista de Boborás, a petición destes últimos, co obxecto de facer o seguimento das obras na estrada OU-0415 (Brués-Portela da Cruz), e que son competencia da institución provincial. Como é sabido, os socialistas de Boborás procederon, hai máis dun mes, á recollida de sinaturas entre os veciños e veciñas, coa fin de instar á Deputación de Ourense a que rematase unhas obras que se veñen dilatando máis de 20 anos no tempo. 

"Esta iniciativa foi todo un éxito e os representantes da Agrupación entregaron máis de 200 sinaturas no Rexistro provincial, conquerindo que, pouco despois, fosen retomados os traballos no tramo de Brués a Feás", segundo Javier Lamas, secretario do PSOE en Boborás. O seguimento que se está a facer ten que ver coa necesidade de que se trate dun arranxo definitivo, dadas as penosas condicións de seguridade da estrada, engade o propio Lamas.