VÍA PÚBLICA

Substitución do alumeado público da rúa Conde de Vallellano, en Carballiño

Nesta primeira fase o investimento ronda os 40.000 euros e xa se presentaron novos proxectos a distintas institucións

O concello do Carballiño está implantando a iluminación led no alumeado público. É un proxecto que se iniciou recentemente e que se realiza por fases, debido ao seu custo. Así, estes días procedeuse á substitución do sistema e das lámparas nun tramo da rúa Conde Vallellano, entre o cruce da Alameda e a rúa Evaristo Vaamonde, e está previsto continuar en canto se poida orzamentar o resto desta rúa.

Desde que se puxo en marcha esta iniciativa promovida pola Alcaldía, implantouse este novo sistema de iluminación en catro rúas: Calviño, Galicia, Martínez Avellanosa e Conde Vallellano, e as seguintes fases contemplan a continuación pola Avenida Julio Rodríguez Soto e outras rúas e avenidas. Ademais, prevese realizar o cambio de sistema no polígono industrial e parque empresarial.

Nesta primeira fase o investimento ronda os 40.000 euros e xa se presentaron novos proxectos a distintas institucións. 

Te puede interesar