Internet

Unha subvención da CE facilitará a wifi no municipio de O Carballiño

A Comisión Europea acaba de comunicar a concesión dun bono de 15.000 euros ao Concello do Carballiño para instalar unha rede wifi nos espazos públicos do municipio. A iniciativa WiFi4EU promove o libre acceso dos cidadáns á conexión wifi en espazos públicos como parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde e museos de municipios de toda Europa.

A iniciativa WiFi4EU ofrece aos municipios a oportunidade de solicitar bonos por valor de 15.000 euros. Os bonos utilizaranse para instalar equipos nos espazos públicos do municipio que ainda non estean equipados cun punto de acceso wifi.

Esta axuda foi tramitada pola empresa e consultoría local Autoxiro, que colabora co concello na toma de iniciativas de impulso do turismo e do tecido comercial e empresarial de cara á reactivación económica.

Te puede interesar