Concello

Supresión de taxas á hostalería e autónomos de Maside polo covid

Ante o anuncio de Augas de Galicia de eximir do pagamento do canon da auga ou do coeficiente de vertedura ós consumos de auga, e dado que é a entidade local a responsable de emitir os recibos da auga no seu ámbito territorial, o Concello de Maside acordou adoptar as medidas oportunas para a xestión de esta exención do canon da auga, dado que supón unha liña de axuda adicional aos sectores afectados pola pandemia do covid.

Así mesmo, proponse continuar nos casos da recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, ou pola utilización privativa e o aproveitamento especial de dominio público municipal, establecendo unha exención total da que xa se beneficiaron aqueles autónomos e pemes con domicilio fiscal neste concello que acreditaron unha baixada nos seus ingresos ou unha perda de facturación nos seus negocios desde o 13 de marzo de 2020.

Desta maneira, suprímese mediante solicitude o imposto de recollida de lixo para a hostaleria, os autónomos e microempresas; o pago de taxas por inactividade ós autónomos e ó sector da hostalería e tamén a taxa por ocupación da vía pública, Supresión, ademais dos impostos e taxas ó abastecemento de auga e saneamento para a hosteleria, os autónomos e microempresas entre o 5 de novembro de 2020 e ata que se levante a emerxencia sanitaria.

Te puede interesar