Un taller laboral construirá un velorio municipal en Boborás

O Concello de Boborás ten previsto solicitar da Consellería de Traballo un novo taller de emprego co obxectivo de construir un velorio municipal na zona dotacional que recolle o PXOM na localidade de Almuzara. O alcalde, Cipriano Caamaño, suliña que 'imos esperar a que a Xunta convoque a orde de axudas para iste tipo de proxectos, porque cremos que é unha necesidade que temos que cubrir'.
O citado taller estructurarase en módulos de albanelería, carpintería e electricidade, traballos que o Concello considera son básicos para a edificación funeraria. Na actualidade, Feás e O Regueiro son as únicas parroquias que dispoñen de velorio entre as 14 do municipio.

Te puede interesar