O CARBALLIÑO

O teatro acapara o programa cultural do último semestre

A concellería de Cultura de Carballiño destina 13.800 euros a esta programación, dos que 5.500 son aportados por Agadic

O concelleiro de Cultura de Carballiño, Rodrigo González Hermida, presentou onte a programación de actividades para o último semestre do ano, no que o teatro ten o papel primordial. A inversión será de 13.800 euros, dos que a Axencia Galega de Industrias Culturais aporta 5.500 euros, e o Concello 8.300, unha cantidade maior porque financia tamén unha representación do festival de teatro FETEGA.
A programación inciase este venres cun espectáculo de maxia dirixido por David Méndez e que se titula “Ciencia Ilusión. A ilusión da ciencia”, na Biblioteca, ás 18,00 horas. Para o sábado, ás 18,30 horas, está prevista a actividade fin de curso da Escola municipal de Teatro, que dirixe Josi Lage; e o día 13, ás 20,00 horas, o festival da Escola de Danza. Ambos no Auditorio, e de entrada gratuíta.


Xa no mes de agosto, a compañía Cultura Activa ofrecerá a obra "Cair" polas rúas do Carballiño. A programación teatral continuará en novembro organizada polo Concello, (a actiz Josi Lage é a que dirixe e programa o FETEGA en setembro), con Cayetano Lledo e a representación de "Os casos de Sherlock Homes"; Ghazafelhos e a comedia "Os pais dos mandóns" e Redrum Producciones con "Roedores". En decembro, Culturactiva ofrecerá "Filosolgando", rematando Talía Teatro con "Xango: A moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina”.

Te puede interesar