Teatro para fomentar a convivencia entre escolares

Durante o último trimestre do curso 2021-2022, o grupo de teatro do IES Chamoso Lamas forma parte do proxecto “A outra clase”, que realiza a asociación Tr3s Social co apoio do programa de Axudas a Interculturalidad e Acción Social da Fundación La Caixa. O grupo, de 12 alumnos, reúnese unha vez por semana para crear unha peza de teatro foro coa que xerar un diálogo participativo co público.

Con este proxecto, a asociación Tr3s social ofrece un espazo de reflexión a través das metodoloxías artísticas do teatro social (teatro do oprimido, teatro sistémico, etc) para mellorar a convivencia nos centros educativos.

Trátase dunha peza de 15-30 minutos de duración, creada colectivamente, na que o grupo expón un problema real non resolto e relacionado cunha desigualdade social. Ao rematar a representación da peza, comeza o foro, un espazo de debate no que o público pode substituír aos actores e actrices para propoñer solucións ao problema exposto, creando un debate activo. 

O grupo de teatro do IES Chamoso Lamas está preparando a peza e xa atoparon algúns temas coma a desigualdade de xénero, o bullying ou a imaxe social negativa dos adolescentes. O obxectivo e ter rematada a obra no mes de xuño e representala para todo o centro, e tamén no colexio de Cea.

Te puede interesar