Os técnicos de xardinería revisan árbores no Carballiño

O departamento municipal de Medio Ambiente está realizando unha inspección das árbores que adornan as vías públicas do casco urbán co obxectivo de coñecer o seu estado, pensando na seguridade.
Os técnicos de xardinería?están a comprobar nesta semana cada unha das especies arbóreas, 'un traballo que confiamos rematar antes do vindeiro venres', apuntou o concelleiro desta área municipal, Xesús Rodríguez. Deste xeito, os operarios farán as podas e talas que sexan necesarias.

Te puede interesar