Teresa Miras e Florindo González reciben o Arenteira

O xurado do galardón da Arenteira, organizado por Aparthotel Arenteiro de Carballiño, otorga os recoñecementos na modalidade de Deportes a Florindo González González e na de Cultura e Ciencia a María Teresa Miras Portugal. Trátase da elección nesta primeira edición do Arenteira dos carballiñeses que se consideran máis destacados nestes dous campos.
O xurado ten en consideración, no caso de Florindo González González, 'os valores do esforzo, sacrificio e constancia nunha actividade tan esixente como o triatlón'. Valórase, asemade, a súa implicación na implantación e promoción de dita modalidade no Carballiño.

De María Teresa Miras Portugal destaca a súa formación e a traxectoria académica e profesional que a levaron a se converter na primeira muller en ocupar a Presidencia da Real Academia de Farmacia de España e ser un referente na investigación da Bioquímica. Agora é a responsable do comité encargado de levar adiante a reforma universitaria en España.

Te puede interesar