Reconocimiento

Terras de Maside recibe un premio polo seu xardín

O patio interior axardinado no CPI Terras de Maside.
photo_camera O patio interior axardinado no CPI Terras de Maside.

Ao centro educativo CPI Terras de Maside foille concedido un premio de ámbito autonómico na segunda edición dos premios Xardín Galego polo traballo desenrolado no cambio que se fixo no centro, para converter un patio interior, que estaba totalmente desaproveitado e utilizado prácticamente como papeleira,  nun xardín oriental.

O xardín foi deseñado e realizado por Rosa Arícia Rodríguez. A ambientación das paredes ata o segundo piso foi obra dos deseñadores Iván e Carlos de Anphilocos.

Os premios Xardín Galego son un galardón posto en marcha pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresa de Xardinería (Agaexar) para recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada realizados por empresas e autónomos de Galicia, dignificando e promocionando o sector da xardinería na comunidade autónoma.

A comunidade educativa deste colexio Terras de Maside expresaba así a súa satisfacción tras recibir este recoñecemento.

Te puede interesar