The Imposiblues busca mecenas da música para actuar en directo

Trátase dun crowdfunding dirixido ás salas de concertos, festivais, promotores de eventos musicais e mánagers, entroutros, tanto de Galicia como de toda España

O grupo rock The Impossiblues presentou onte no Concello do Carballiño unha iniciativa que calificou de pioneira no campo da música para intentar pechar contratos con salas de concertos e festivais, co obxectivo de completar a súa xira "361º TOUR". Trátase dun crowdfunding dirixido ás salas de concertos, festivais, promotores de eventos musicais e mánagers, entroutros, tanto de Galicia como de toda España, e incluso a nivel internacional, co obxectivo de conseguir apoios para poder actuar en directo a cambio de que lle cubran os gastos de desprazamento, e obter algunha ganancia para reinvertir no equipo de son e instrumentos.

Tanto o concello de Maside, representado polo seu alcalde, José Manuel Iglesias; como o do Carballiño, co concelleiro, Manuel Dacal, ofrecéronse para incluir dúas datas desta xira nos seus respectivos municipios.

Te puede interesar