Formación

Tiruleque organiza un Obradoiro de Interpretación

Participarán un máximo de 15 persoas e estará impartido por Fernando Llera Rodríguez

Tiruleque, Grupo de Teatro organiza un Obradoiro de Interpretación de trinta e dúas horas, a celebrar os días 10, 11, 24 e 25 do próximo mes de abril, que se desenvolverá no Auditorio Manuel María do Carballiño, impartido por Fernando Llera Rodríguez, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

O horario do cursiño será de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas, cun prezo de 40 euros para os membros dos grupos de teatro pertencentes á Federación Galega de Teatro Afeccionado, e de 50 euros para o resto dos participantes.

O contido deste Obradoiro de Interpretación facilitaráselle con detalle a todos aqueles que o soliciten, mentres que  as prazas irán cubríndose por orde de inscrición ata un máximo de 15 persoas.

Os interesados poden solicitar a súa asistencia ao obradoiro enviando una sinxela petición por correo electrónico a: [email protected], facendo constar o seu nome, enderezo e DNI, debendo acompañar un xustificante do ingreso correspondente na conta bancaria de Tiruleque, que se indica a continuación: ES94 3070 0039 0660 2976 6513. No caso de ser membro da Federación Galega de Teatro (Fegatea) os solicitantes engadirán a maiores un certificado acreditativo de tal circunstancia, expedido polo secretario do grupo de teatro ao que pertenzan.

Tiruleque, Grupo de Teatro insta a apuntarse canto antes para non quedar sen praza.

Te puede interesar