O CARBALLIÑO

Tiruleque recibe os traballos teatrais para a Mostra Amador

Tiruleque anuncia que manterá o importe de 800 euros que se viña pagando por actuación a cada grupo seleccionado

Tiruleque Grupo de Teatro fai públicas as bases dirixidas ás agrupacións de aficionados interesados en participar na 12 edición da Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón, para o que conta coa axuda e subvencións da Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño. As representacións están previstas os días 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 de outubro do presente ano.

Tiruleque anuncia que manterá o importe de 800 euros que se viña pagando por actuación a cada grupo seleccionado, ademais do Premio á Mellor Obra, que será outorgado polo público e dotado con 500 euros, e o de Mellor Grupo teatral participante, cuxo premio consiste na contratación directa do grupo gañador para a futura XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2020, sen ter necesidade de pasar pola escolma do xurado cualificador.

O prazo para presentar os traballos teatrais remata o próximo día 15 de xuño.

Te puede interesar