O título da ESO é o obxectivo de 26 persoas adultas en Piñor

O programa de Alfabetización para Adultos no Concello de Piñor consiste en ofrecer axuda e apoio profesional para preparar a obtención do título da ESO a aquelas persoas maiores de idade, que sexa pola razón que sexa, abandonaron os estudos antes de tempo. Este servizo está a funcionar no municipio dende hai máis de cinco anos e na actualidade, conta con 26 alumnos do propio Concello e arredores, que son atendidos por unha profesora os luns, mércores e venres, de 20 a 22 horas, na antiga Casa Consistorial.
'O funcionamento deste servizo é indispensable, pois os cambios que presenciamos no mundo laboral fan que para acceder a calquera tipo de traballo ou curso formativo homologado, a persoa debe contar co título da ESO' apuntou o alcalde de Piñor, Francisco Fraga. Neste eido, o Concello atópase con gran cantidade de persoas que ó carecer desa formación vense desorientados, e incluso desprazados do mundo laboral e sen alternativas de futuro viables.

Te puede interesar