TRANSPORTE

O tren rexional de Carballiño adianta horario para enlazar co Alvia na cidade

Co novo horario, o tren rexional terá a chegada a Ourense San Francisco ás 8,18 horas, segundo confirmaron fontes de Adif.

O tren rexional Carballiño-Ourense San Francisco, que ten unha frecuencia de luns a venres e que actualmente sae ás 8,07 horas, e chega ás 08,37 horas, adiántase en 19 minutos a partir do luns 12 de xuño, permitindo estar antes na capital e poder enlazar co Alvia Ourense-Madrid Chamartín das 08,29 horas. 

Co novo horario, o tren rexional terá a chegada a Ourense San Francisco ás 8,18 horas, segundo confirmaron fontes de Adif.

Este cambio de horario foi plantexado polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, a Adif, precisamente co obxectivo de posibilitar este enlace para viaxar no Alvia a Madrid, ademais de adiantar a chegada á capital para todas aquelas persoas que precisen realizar calquera xestión a primeira hora da mañá. Por este motivo, Francisco Fumega amosa a súa satisfacción e agradecemento. 

Te puede interesar