O CARBALLIÑO

Trinta creadores amosan a súa obra no auditorio municipal

20171219192541314_result
photo_camera Un momento do acto inaugural da exposición no auditorio municipal do Carballiño.

A mostra artística leva por título "22 anos ollando estas terras. Xentes, espazos e lugares"

A exposición de arte "22  anos ollando estas terras. Xentes, espazos e lugares", ubicada no auditorio municipal, mostra máis de medio centenar de obras de artistas plásticos das comacas de O Carballiño e do Ribeiro. Está dispoñible dende o pasado domingo ata o próximo 15 de xaneiro todas as tardes de luns a venres das 18.00 horas ata as 21.00 horas, e os fins de semana e festivos de 11 da mañá ata a unha do mediodía. 

A exposición enmárcase como unha actividade que organiza a sección de arquitectura do Centro de Estudos Chamoso Lamas, en colaboración co concello de O Carballiño. Podemos atopar máis de medio centenar de obras, entre pinturas, esculturas e instalacións, dunha trintena de autores, destacando a  pintura como a forma de expresión da que máis elementos se inclúen. 

A mostra celébrase cada dous anos, tratándose nesta ocasión da vixesimo segunda edición, e intenta "recoller a expresión artística que vai xurdindo no devir desos dous anos entre os artistas da comarca", en palabras de Óscar Gónfer, comisario da exposición. Cada obra de arte pretende ser unha fiestra á que asomarse para entender e coñecer mellor as costumbres, cultura, xentes e lugares destas zonas. Gónfer tamén resalta que o que se pretende é que a cidadanía comprenda que a arte é unha rediografía da cultura do momento, polo que nestas obras podemos ver "a través dos ollos do artista o mundo que o rodea e a civilización na que él vive".  

A maior parte dos artistas son constantes no paso dos anos,  aínda que tamén hai outros que residen no extranxeiro a maior parte do tempo e causan baixa. Incluso se expoñen obras de artistas que xa finaron deixando un legado que a familia difunde e que é unha homenaxe para eles. A boa relación entre artistas fixo que se foran sumando máis a esta iniciativa. Ó remate da exposición, as obras son recollidas nun catálogo xunto con textos elaborados polos propios artistas. 

O catálogo da mostra anterior será presantado o día da clausura da exposición actual, xa que a súa impresión sufriu demoras.  

A mostra está organizada para dous tipos de asistentes: por unha banda, os cidadáns en xeral que estén interesados ou que teñan curiosidade e, por outra banda, os rapaces de colexios e institutos das comarcas. Xa en anteriores edicións foron moitos os centros que realizan visitas guiadas ó incorporarse das vacacións de Nadal.n 

Te puede interesar