emprego

Trinta persoas das 100 do Plan de Emprego de Carballiño xa están insertadas

Dende o Concello solicitaron á Xunta de Galicia un novo programa integrado de emprego

Ata 60 das 100 persoas que comezaron o Programa Integrado de Emprego do Carballiño traballaron durante este período de 10 meses. Neste instante seguen ocupadas 43 e 30 considéranse xa insertadas. Entre as accións impartidas traballáronse as competencias na procura de emprego con 8 cursos de orientación laboral, un curso de soldadura en colaboración coa empresa Dizmar, un curso de informática, un de manipulador de alimentos, un de carretilla elevadora e un de prevención de riscos laborais. 

Actualmente, parte dos usuarios están a realizar o certificado de profesionalidade de actividades de auxiliares de almacén, co que se pretende dar saída profesional aos alumnos.

O concelleiro de Emprego, Manuel Dacal, lembra que xa foi solicitada unha nova edición deste programa, polo que os interesados en participar deben acudir á oficina do SEPE a inscribirse. Tamén pretende xunto coa Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia realizar unas xornadas de prevención de riscos laborais.

Te puede interesar