O Carballiño

Turismo sinaliza o mirador Coto da Pena, en Cortegada

O Carballiño

TURISMO

Turismo sinaliza o mirador Coto da Pena, en Cortegada

Nava Castro calificou estas actuacións como un novo acicate para esta localidade, sinalando que "as augas termais desta vila contan cunha historia innegable, contribúen a situarnos como destino líder en Europa"

Turismo de Galicia destina 50.000 euros ao acondicionamento e sinalización do mirador Coto da Pena, no entorno do Balneario de Cortegada. Con ese obxectivo, a directora Nava Castro, e o alcalde de Cortegada, Avelino Luís de Francisco, asinaron onte un convenio para a execución deste proxecto desde o núcleo de Cortegada ata o antigo balneario, pasando polo mirador Coto da Pena, que permite gozar dunhas vistas do tramo medio do río Miño, pero cuxos accesos se atopaban intransitables e invadidos de vexetación.

Nava Castro calificou estas actuacións como un novo acicate para esta localidade, sinalando que “as augas termais desta vila contan cunha historia innegable, contribúen a situarnos como destino líder en Europa e con accións como a de hoxe estamos seguros de que consolidarán a súa posición como destino termal e estimularán o potencial económico da comarca”.