CONCELLO

Últimos días para solicitar a instalación das terrazas

O pasado ano os locais de hostalería do Carballiño instalaron 355 mesas nas terrazas durante a primavera e verán

O próximo mércores, 1 de marzo, rematan os prazos para solicitar a renovación de instalación de terrazas e de licenza de postos de venda ambulante nas feiras do Carballiño. Ambos prazos debían finalizar o martes 28, último día do mes, pero por ser festivo local ampliouse ata o mércores. 

O período de ocupación de dominio público con mesas, cadeiras, tarimas e outros elementos análogos durante a tempada estacional para este exercicio 2017 comprende desde o 8 de abril ao 31 de outubro. 

O pasado ano os locais de hostalería do Carballiño instalaron 355 mesas nas terrazas durante a primavera e verán. Un total de 62 locais solicitaron permiso de terrazas na tempada estacional no 2016, e 40 bares, mesóns e cafeterías solicitaron permiso para todo o ano. 

Te puede interesar